O nervio toracodorsal é un nervio do membro superior humano, pertencente á axila. É unha póla do plexo braquial, orixinada no fascículo posterior, recibindo raíces de C6 a C8.
Innerva o músculo grande dorsal.