Nevada Express | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Breakheart Pass |
Director | Tom Gries |
Produtor | Jerry Gershwin Elliott Kastner |
Guión | Alistair MacLean |
Baseado en | Breakheart Pass de Alistair MacLean |
Intérpretes | Charles Bronson Ben Johnson Richard Crenna Jill Ireland Charles Durning Ed Lauter David Huddleston |
Música | Jerry Goldsmith |
Fotografía | Lucien Ballard |
Montaxe | Byron Brandt |
Estudio | Gershwin-Kastner Productions |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 1975 19 de marzo de 2023 (TVG) |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Wéstern |
Orzamento | 6 millóns de dólares[1] |
Recadación | 2 130 000 dólares[2] |
Na rede | |
Nevada Express[3] (en inglés: Breakheart Pass) é un filme estadounidense de 1975 dirixido por Tom Gries. Está protagonizado por Charles Bronson, Ben Johnson, Richard Crenna e Jill Ireland. Baséase na novela de 1974 Breakheart Pass do autor escocés Alistair MacLean (1922–1987),[4] e rodado no norte e centro de Idaho.[5][6][7][8][9]
Estreouse en lingua galega o 19 de marzo de 2023 a través da TVG.[3]
Cando Fort Humboldt, un destacamento militar no afastado oeste, é golpeado por unha epidemia de difteria, as autoridades envían un tren de axuda con subministrcións médicas e soldados. Porén, varios pasaxeiros do tren son asasinados. John Deakin (Charles Bronson), un recluso que está sendo transportado baixo custodia dun comisario, comeza a facer indagacións sobre esa carnizaría.