Never Alone Kisima Inŋitchuŋa | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Upper One Games |
Distribuidora(s) | E-Line Media |
Motor | Unity |
Lanzamento | 2014 |
Xénero | Crebacabezas |
Modos de xogo | Un xogador e multixogador |
Clasificación | USK ![]() |
Plataforma(s) | Linux, Microsoft Windows, macOS, PlayStation 3, PlayStation 4, Wii U, Xbox One, iOS, Android |
Na rede | |
Páxina oficial | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Never Alone, tamén coñecido como Kisima Inŋitchuŋa ("Non estou só"), é un videoxogo de crebacabezas e plataformas desenvolvido por Upper One Games. Cambiando entre unha nena Iñupiaq chamada Nuna e o seu compañeiro, un raposo ártico, o xogador debe completar crebacabezas nunha historia baseada nas historias dos pobos indíxenas de Alasca en oito capítulos. O xogo foi o resultado da colaboración entre o Consello tribal da Enseada de Cook e E-Line Media.[1] É un do crecente número de videoxogos producidos por pobos indíxenas.