New Amsterdam | |
---|---|
Formato | Drama médico |
Creado por | David Schulner |
Desenvolvido por |
|
Intérpretes | |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 5 |
Episodios | 89 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Localización(s) | Nova York |
Cámara | Unha cámara |
Duración | 43 minutos |
Distribuidor | NBCUniversal Television Distribution |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | NBC |
Formato de imaxe | HDTV 1080i |
Primeiro episodio | 25 de setembro de 2018 |
Derradeiro episodio | presente |
Na rede | |
https://www.nbc.com/new-amsterdam | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
New Amsterdam é unha serie de televisión estadounidense de temática médica e xénero dramático. Está baseada no libro Twelve Patients: Life and Death at Bellevue Hospital de Eric Manheimer, e a serie estreouse orixinalmente o 25 de setembro de 2018 a través de NBC. Foi creada por David Schulner e está protagonizada por Ryan Eggold, Freema Agyeman, Janet Montgomery, Jocko Sims, Anupam Kher e Tyler Labine. En febreiro de 2019, anunciouse que a serie sería renovada para unha segunda tempada, a cal se estreou o 24 de setembro de 2019. En xaneiro de 2020, NBC renovou a serie para tres tempadas máis. A terceira tempada estreouse o 2 de marzo de 2021.[1]
New Amsterdam conta a historia do doutor Max Goodwin, que se converte no director médico dun dos hospitais públicos máis antigos dos Estados Unidos, co obxectivo de reformar as instalacións abandonadas, rachando coa burocracia para achegar unha atención excepcional ós seus pacientes.