Newton | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | न्यूटन |
Director | Amit V. Masurkar |
Produtor | Manish Mundra |
Guión | Amit V. Masurkar Mayank Tewari |
Intérpretes | Rajkummar Rao Pankaj Tripathi Anjali Patil Raghubir Yadav |
Música | Benedict Taylor Naren Chandavarkar |
Fotografía | Swapnil S. Sonawane |
Montaxe | Shweta Venkat Mathew |
Estudio | Eros International Drishyam Films Colour Yellow Productions |
Distribuidora | Eros International |
Estrea | 22 de setembro de 2017 |
Duración | 106 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Comedia e drama |
Orzamento | 10 crore[1] |
Recadación | 15 crore[2] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Newton (en hindi: न्यूटन) é un filme indio de 2017 dirixido e coescrito por Amit V. Masurkar.[3][4] Está protagonizado por Rajkummar Rao no papel principal dun funcionario do goberno que é enviado a unha zona politicamente sensible do centro da India como responsable das eleccións. Pankaj Tripathi, Anjali Patil e Raghubir Yadav compoñen o resto do elenco. O filme foi producido por Manish Mundra baixo o selo Drishyam Films, coñecido polo filme de 2015 Masaan. É o segundo filme dirixido por Amit Masurkar logo de Sulemani Keeda en 2013.[5]
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[6][7]