A niclosamida é un fármacoantihelmíntico (afecta aos vermes) especialmente efectivo contra os vermes cestodos que infectan aos humanos, como as tenias. Tamén se usa como piscicida (mata peixes)[3] e ultimamente como moluscocida para o tratamento de augas en programas de control da esquistosomíase[4]. Aínda que pertence á familia dos antihelmínticos o seu uso específico é para tratar as infestacións por cestodos como as tenias, xa que non é efectivo contra outro tipo de vermes como os nematodos. Preséntase como unha tableta mastigable que se toma por vía oral, e a dose depende dotipo de verme e a idade e peso do paciente.
Este fármaco pode ter efectos secundarios como dor abdominal, anorexia, diarrea, e vómitos. Raramente, mareos, erupcións na pel, somnolencia, proído perianal, e sabor desagradable.