Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1295 (Gregoriano) |
Morte | 1323 (27/28 anos) |
Causa da morte | homicidio |
Déspota de Epiro | |
1318 – 1323 ← Tomé I Comneno Ducas – Xoán II Orsini → | |
Conde palatino de Cefalonia e Zante | |
1317 – 1323 ← John I Orsini (en) – Xoán II Orsini → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Casa de Orsini |
Cónxuxe | Anna Palaiologina |
Pais | John I Orsini e Maria Komnene Doukaina |
Irmáns | Xoán II Orsini Guy Orsini Margaret Orsini |
Nicolao Orsini (en grego: Νικόλαος Ορσίνι, Nikólaos Orsíni, italiano: Nicola d'Epiro) foi conde palatino de Cefalonia e Zante desde 1317 até 1323 e gobernante de Epiro desde 1318 até 1323.
Nicolao foi o fillo do conde Xoán I Orsini de Cefalonia con María, filla de Nicéforo I Comneno Ducas de Epiro con Ana Paleóloga Cantacucena. O seu pai gobernou Cefalonia como vasalo do rei Carlos II de Nápoles, e adquirira Leucas como dote da súa esposa. Nicolao ascendeu no condado á morte do seu pai en 1317, pero a diferenza dos seus predecesores, estaba máis interesado en intervir en Epiro que nas posesións latinas no sur de Grecia. En 1318, sorprendeu e asasinou o seu tío Tomé I Comneno Ducas de Epiro e facilmente someteu toda a parte sur do principado ao redor de Arta. Para consolidar a súa posición Nicolao tamén casou coa viúva do seu tío, Ana Paleóloga, filla de Miguel IX Paleólogo, e foille conferido o título de déspota.
Nicolao rendeu homenaxe nominal ao seu señor anxevino, Xoán de Gravina, un fillo do rei Carlos II de Nápoles e María de Hungría. El pola contra orientouse cara ao leste. Publicamente adoptou a fe ortodoxa e o clero local non expuxo ningunha obxección seria á súa usurpación. O norte de Epiro, con todo, con Ioánnina, rexeitou recoñecer o goberno de Nicolao e aceptou o dominio bizantino. Nicolao esperou até a morte da súa esposa en 1320 ou 1321 e o estalido da guerra civil bizantina para atacar. Ao fracasar no seu intento de asegurar unha alianza coa República de Venecia, Nicolao non puido tomar Ioánnina. En 1323 foi asasinado polo seu irmán Xoán II Orsini.