Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1440 ↔ 1455 París, Francia |
Morte | c. 1488 Lión, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Educación | Universidade de París |
Actividade | |
Campo de traballo | Matemáticas |
Ocupación | matemático |
Alumnos | Estienne de La Roche (pt) |
Lingua | Lingua francesa |
Nicolas Chuquet foi un matemático francés do século XV, autor da primeira aritmética "moderna".
Non se sabe moito da súa vida. Só se sabe, porque o di el mesmo no seu Tripartito, que é de París, que se licenciou en Medicina e que escribiu a súa obra en 1484 en Lión.[1]. Polos rexistros fiscais da cidade de Lión, sábese que vivía ao lado doutro matemático francés: Estienne de La Roche,[2] pero non se sabe as relacións que tiñan.
Chuquet é o autor da aritmética máis orixinal escrita desde a época grega:[3] Le Triparty en la Science des Nombres. A obra nunca se publicou até 1880 e polo tanto non tivo influencia; agás o feito de que Estienne de La Roche publicou unha pequena parte dela como súa: L'arismetique nouvellement composee (Lión, 1520).
O traballo de Chuquet consta de dúas grandes partes: a primeira, propiamente chamada Triparty en la Science des Nombres, e a segunda, denominada Applications des Rigles du Triparty, que é unha colección de problemas resoltos cos procedementos establecidos na primeira parte.
O Triparty ten tres partes:[4]
Aínda que as achegas de Chuquet á álxebra son escasas, a súa orixinalidade e audacia no desenvolvemento da linguaxe alxébrica e do cálculo é indiscutible.[5]
Foi o introdutor do termo billón.