(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de febreiro de 1980 (44 anos) Córdoba, Arxentina |
Deputado da Arxentina | |
10 de decembro de 2021 – Circunscrición electoral: Provincia de Buenos Aires | |
Deputado da Arxentina | |
10 de decembro de 2017 – 9 de decembro de 2021 Circunscrición electoral: Provincia de Buenos Aires Electo en: 2017 Argentine legislative election (en) | |
Deputado da Arxentina | |
10 de decembro de 2013 – 4 de decembro de 2015 – Soledad Sosa → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Nacional de Cuyo (pt) Universidade Nacional de Córdoba (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Buenos Aires |
Ocupación | político, comerciante |
Partido político | Partido de los Trabajadores Socialistas (Argentina) (pt) |
Nicolás del Caño, nado en Córdoba, o 6 de febreiro de 1980, é un político arxentino, Deputado nacional pola provincia de Mendoza e dirixente do Partido dos Traballadores Socialistas (PTS).[1]
Estudou na Universidade Nacional de Córdoba ata que se mudou en 2006 á cidade de Mendoza para construír o PTS na provincia, e ingresou na Universidade Nacional de Cuyo, onde estudou socioloxía ao tempo que realizaba diversos labores para pagar os estudos, como vendedor de roupa ou empregado dun centro de atención telefónica.[2][3]
Nas eleccións nacionais de 2011 presentouse como candidato a gobernador da provincia de Mendoza, logrando o 1,6 % dos votos. Nas eleccións primarias de 2013, obtivo o 7,6% dos votos,[3] e nese ano saíu elixido deputado nacional co 14% dos votos nas eleccións xerais, situándose en terceiro lugar e desprazando ao tradicional Partido Demócrata.[4] Na súa campaña electoral cuestionou os altos soldos dos funcionarios políticos e propuxo que o salario dos deputados fose igual ao dos docentes, cuestión que abordou logo no seu mandato presentando un proxecto de lei e doando a maior parte dos seus ingresos como lexislador a fondos de folga, inspirándose, segundo expresou, nos integrantes da Comuna de París de 1871.[5]
En 2015 competiu pola intendencia de Mendoza, quedando en segundo lugar co 14,2% dos votos nas eleccións primarias e un 16,9% nas xerais, desprazando ao terceiro lugar ao candidato da coalición gobernante Fronte Para a Vitoria, Carlos Aranda, un resultado inédito no país para unha forza de esquerda a un cargo executivo.[6][7][8]
Nas eleccións primarias de agosto de 2015, encabezou a candidatura presidencial da lista do PTS no seo da Fronte de Esquerda impóndose co 51,07% (370.764 votos) fronte ao histórico dirixente Jorge Altamira do Partido Obreiro que obtivo o 48,93% (355.290 votos).[9]