Nieuport Nighthawk | |
---|---|
Tipo | caza |
Fabricante | Nieuport & General Aircraft |
Primeiro voo | 1919 |
Introducido | 1923 |
Principais usuarios | Royal Air Force Forza Aérea de Grecia |
Variantes | Nieuport Nightjar Gloster Sparrowhawk |
O Nieuport Nighthawk foi un caza británico desenvolvido pola compañía Nieuport & General Aircraft para a Royal Air Force a finais da primeira guerra mundial. Aínda que foi ordenado para produción antes do seu primeiro voo, non entrrou en servizo a gran escala coa RAF debido aos seus motores pouco fiables. Aparellos remotorizados servirían en Grecia de 1923 ata 1938.
A Nieuport & General Aircraft Co. Ltd. formouse o 16 de novembro de 1916 para producir avións franceses Nieuport baixo licenza.[1] Durante 1917, ao contratar a Henry Folland como deseñador xefe, a compañía comezou a deseñar o seu propio avión, voando o seu primeiro tipo, o caza Nieuport B.N.1 (a designación significa British Nieuport), a principios de 1918.[1]
Para producir un caza que substituíse ao Sopwith Snipe en servizo coa RAF, o Ministerio do Aire publicou a Especificación Type 1 da RAF para un caza dun só asento que estivese equipado co motor ABC Dragonfly. Este era un motor radial en desenvolvemento que estaba destinado a ofrecer 340 cabalos, pesando só 272 kg, e sobre a base do rendemento prometido, foi ordenado en produción en grandes cantidades.[2] O deseño tamén foi proxectado como un caza embarcado, aínda que este foi considerado un papel secundario.[1]
Para cumprir este requisito, Folland deseñou o Nighthawk, un biplano de dúas baías de madeira.[3] En agosto de 1918 realizouse un pedido inicial por 150 Nighthawks, moito antes de que os prototipos ou os motores estivesen dispoñibles. O primeiro prototipo, con número de serie F-2909, realizou de feito o seu voo de estrea en abril ou maio de 1919.[4] Nese momento, estaba claro que o Dragonfly tiña serios problemas, sendo propenso a un extremo sobrequencemento, tendo un alto consumo de combustible e fortes vibracións.[2] Cando o motor puido ser arranxado para que funcionase oNighthawk mostrou un rendemento excelente, pero en setembro de 1919 recoñeceuse oficialmente que o Dragonfly era insalvable e o programa do motor foi cancelado, aínda que nese momento xa se entregaran 1 147 unidades.[5]
70 Nighthawks foron completados por Nieuport e a Gloucestershire Aircraft Company, con 54 células máis rematadas sen os motores. Un pequeno número de Nighthawks con motores Dragonfly foi entregado ao Royal Aeronautical Establishment (R.A.E.) en Farnborough, pero nesa forma non entraron en servizo operativo.[4]
Nieuport construíu un avión deportivo, o L.C.1 (Land Commercial) Nighthawk, coa primeira aeronave de matrícula civil, a K-151, aparecendo o 21 de xuño de 1919 no primeiro Derby Aéreo en Hendon tras a guerra. Un prototipo adicional do Nighthawk (H8553) equipouse cun hidrován e probouse cunha configuración embarcada na illa de Grain en 1920.[6] Nun intento van de resolver os problemas co motor Dragonfly, catro Nighthawk foron tamén retidos pola R.A.E. con experimentos realizados en 1920-21. O K-151 foi convertido ademais nun avión de dúas prazas cunha nova cabina instalada por diante da posición do piloto, que foi enviado á India e Malaia en 1920 para unha serie de voos de promoción de vendas. Tras completar o primeiro voo promocional dende Bombai a Poona en febreiro de 1920 entregando xornais, o demostrador de vendas vendeuse á India en setembro dese ano.[7]
Un novo Nighthawk civil, con rexistro G-EAJY, modificouse novamente como un bipraza con menor envergadura, voando no Derby Aéreo de 1920 onde quedou na cuarta posición cunha velocidade media de 213,51 km/h. Tras aparecer no evento de 1921, o avión foi vendido a un particular. Un moi modificado Nighthawk, designado Goshawk, apareceu en 1920 incorporando unha fuselaxe máis aerodinámica, puntas redondeadas nas ás superiores, e unha instalación de motor ben cuberta. Nas probas o Goshawk acadou os 268 km/h, un récord británico na época. O 12 de xullo de 1921 o Goshawk quedou esnaquizado cando Harry Hawker esnafrouse con el practicando para o Derby Aéreo de 1921, morrendo no accidente.
Nieuport & General pechou en agosto de 1920, e os dereitos do Nighthawk foron mercados pola Gloster Aircraft Company, que tamén contratou a Folland como deseñador xefe.[8] Gloster procedeu a producir unha serie de derivados do Nighthawk, utilizando stocks de compoñentes adquiridos pola compañía da produción cancelada, chamándoos Gloster Mars.[9]
O primeiro destes derivados foi avión de carreiras Mars I (ou Bamel). Impulsado por un motor de 450 cabalos Napier Lion II, o avión usaba o tren de aterraxe, fuselaxe traseira e cola dun Nighthawk cunhas á novas dun único tramo,[10] voando por vez primeira o 20 de xuño de 1921.[11] Modificouse progresivamente para reducir a resistencia e aumentar a velocidade, reducindo nun certo momento a superficie das ás dende os 19m2 orixinais ata os 15,3 m2, establecendo nesta forma un récord británico de velocidade de 313,3 km/h.[12][13] En 1922 o avión intentou bater o récord mundial de velocidade. Aínda que a velocidade rexistrada, de (342 km/h, foi superior ao récord que había, non o superou coaa marxe esixida, polo que o récord non foi recoñecido.[14] En 1923 este aparello foi modificado con novas ás e un motor Lion máis potente como o Gloster I.[15] O Gloster I foi vendido á RAF en decembro de 1923, sendo equipado con flotadores e usado como adestrador para a escuadrilla High Speed Flight RAF, sendo desguazado en 1927.
O Mars I, despois da conversión ao Gloster I, foi equipado con flotadores e utilizouse como hidroavión de adestramento para os equipos británicos do Trofeo Schneider de 1925 e 1927, permanecendo en uso ata 1930.[15]
The Gloster Sparrowhawk (ou Mars II, III e IV) foi un caza naval para Xapón, impulsado polo motor rotativo Bentley BR2. Os Sparrowhawk xaponeses foron voados dende a base naval de Yokosuka e dende plataformas construídas en torretas de canóns de acoirazados.[16] O Nightjar (coñecido como o Mars X) foi un caza embarcado semellante para a RAF.
Outra conversión de fábrica dun Mars III (con rexistro civil G-EAYN) conduciu ao Gloster Grouse I propulsado por un Siddeley Lynx de 185 cabalos. Este avión converteuse no prototipo dunha pequena serie de produción de Grouse II para Suecia. A serie Grouse foi a proxenitora do posterior Gloster Grebe.[16]
O Gloster Nighthawk, ou Mars VI, substituía o motor Dragonfly por un Armstrong-Siddeley Jaguar ou por un Bristol Jupiter. En 1922 a RAF mercou 29 unidades convertidas de Nieuport Nighthawk, impulsados tanto por motores Jaguar como por Jupiter, mentres que Grecia mercou 25 cazas con motores Jaguar.[9]
Tres dos Gloster Nighthawk da RAF foron enviado a Iraq en 1923 para unha avaliación máis extensa, sendo probados polos Escuadróns No 1, 8 e 55.[17] Os 25 avións gregos entregáronse en 1923, estando en servizo ata 1938.[17]
A derradeira variante do Nighthawk foi o caza naval Mars X ou Nightjar, equipado cun motor de 230 CV Bentley B.R. 2. Toda a serie de 22 Nightjars converteuse a partir das existencias dispoñibles dos Nighthawks orixinais.[18] Os Nightjars usáronse operativamente durante a Crise de Çanakkale en 1922 e foron operados dende o H.M.S. Argus dende 1922 ata 1924.[19]
Datos de The British Fighter since 1912[4]