As nitroaminas son compostos orgánicos que conteñen un grupo nitro unido a unha amina.[1][2] Os compostos inorgánicos parentais das nitroaminas son as nitramidas, nas cales R1 = R2 = H, polo que a súa fórmula xeral é H2N–NO2.
Algúns exemplos de nitroaminas son os explosivos HMX, RDX, trinitrotriazina e tetril. A pesar de teren un grupo amino, non son básicas, senón ácidos febles, debido ao efecto de atracción de electróns do grupo funcional nitro.