Non apagues nunca a luz | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Lights Out |
Director | David F. Sandberg |
Produtor |
|
Guión | Eric Heisserer |
Baseado en | Lights Out de David F. Sandberg |
Intérpretes | |
Música | Benjamin Wallfisch |
Fotografía | Marc Spicer |
Montaxe | Kirk Morri Michel Aller |
Estudio |
|
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | Os Ánxeles: 8 de xuño de 2016 22 de xullo de 2016 4 de maio de 2021 (TVG) |
Duración | 81 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Terror |
Orzamento | 4,9 millóns de dólares[2] |
Recadación | 148,9 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
http://www.lightsoutmovie.com/ | |
|
Non apagues nunca a luz (en inglés: Lights Out) é un filme estadounidense de 2016 dirixido por David F. Sandberg, producido por Lawrence Grey, James Wan e Eric Heisserer, e escrito por Heisserer. Está protagonizado por Teresa Palmer, Gabriel Bateman, Billy Burke e Maria Bello. Baséase na curtametraxe homónima de 2013, tamén dirixida por Sandberg.[4]
No filme, unha moza debe enfrontarse aos medos da súa infancia para protexer ao seu irmán dunha entidade sobrenatural que ten un misterioso apego coa súa nai. Despois do éxito da curtametraxe, Sandberg anunciou unha adaptación cinematográfica baseada nela. A fotografía principal do filme comezou en xuño de 2015 nos Ánxeles e rematou o 5 de agosto de 2015.
Estreouse en galego o 4 de maio de 2021 na TVG.[5]