Noora Räty

Modelo:BiografíaNoora Räty

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1989 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Espoo, Finlandia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Minnesota (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura163 cm Editar o valor en Wikidata
Peso154 lb Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogadora de hóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaFinlandia Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPorteira Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Minnesota Golden Gophers women's ice hockey
Selección feminina de hóckey sobre xeo de Finlandia
Participou en
2018Xogos Olímpicos de Inverno de 2018
febreiro de 2014Xogos Olímpicos de Inverno de 2014
febreiro de 2010Xogos Olímpicos de Inverno de 2010
febreiro de 2006Xogos Olímpicos de Inverno de 2006 Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm6897712 Olympic.org: noora-raty Editar o valor en Wikidata

Noora Helena Räty, ou simplemente Noora Räty, nada o 29 de maio de 1989 en Espoo (Finlandia), é unha porteira finlandesa de hóckey sobre xeo. Na tempada 2021-22 asinou co HPK de Hämeenlinna da Naisten Liiga finlandesa, con todo, antes de comezar a segunda fase da competición asinou co KRS Vanke Rays da liga rusa.

En 2014 Räty converteuse na segunda muller en xogar un partido na segunda categoría do hóckey sobre xeo masculino de Finlandia, a Mestis, logo do debut de Hayley Wickenheiser en 2003, deste xeito Räty converteuse na primeira muller finlandesa e a primeira porteira en xogar na Mestis.

A nivel internacional, Noora Räty conseguiu unha medalla de prata e catro de bronce coa selección finlandesa nos campionatos do mundo, así como dous bronces olímpicos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Noora Räty naceu o 29 de maio de 1989 en Espoo, onde comezou a práctica do hóckey sobre xeo no equipo de nenos de Espoon Palloseura.[1][2] Un feito importante na infancia de Räty foi a disputa do Campionato do Mundo Feminino no recentemente inaugurado LänsiAuto Areena da súa cidade natal, cando tan só tiña nove anos. Ulla, a nai de Noora conseguira dúas entradas para o partido entre Finlandia e Canadá, no que puido ver que as mulleres tamén xogaban ao hóckey, que non era a única, e que as mulleres tiñan a súa propia selección. A porteira finlandesa Tuula Puputti impresionou a Räty a pesar da derrota 0-1.[2]

Durante a súa estadía en Minnesota traballou no adestramento a novas porteiras, chegando a adestrar a 75 cada semana. No verán de 2019 conseguiu unha tarxeta verde, un permiso de traballo permanente nos Estados Unidos que lle permite crear a súa propia empresa e traballar nela no país.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Räty é unha das nove membros fundadoras da Professional Women's Hockey Players Association (PWHPA) e a única que ten cidadanía dun país fóra de América do Norte.[3][4] Ten falado das súas esperanzas de que a National Hockey League (NHL) cree no futuro unha liga feminina profesional en América do Norte, e o seu desexo de participar na súa creación.[5]

Räty e a súa parella, Karel Popper, comprometéronse en xuño de 2019.[6] Popper é un instrutor de porteiros profesional en MEGA Goaltending e uniuse a KRS Vanke Rays Shenzhen como adestrador de porteiras na tempada 2020–21.[7][8] A parella e o seu can teñen unha casa en Minneapolis.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

O 20 de febreiro de 2016 o equipo da Mestis Kiekko-Vantaa doou a camiseta que vestiu Räty nos oito partidos que disputou na segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés na durante a tempada anterior ao Museo do Hóckey Finlandés. O acto realizouse coincidindo co partido que enfrontou ao equipo de Vantaa co RoKi de Rovaniemi.[9]

  1. "Noora Räty teki sopimuksen Mestis-seuran kanssa". Yle Urheilu (en finés). 9 de marzo de 2014. Consultado o 3 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Huttunen, Sasha (4 de abril de 2019). "Noora Räty koki elämänsä yllätyksen 9-vuotiaana - hihkaisi äidilleen sanat, joista alkoi Suomen jääkiekkotähden uskomaton tarina". Iltalehti (en finés). Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  3. "Board Members" (en inglés). PWHPA. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2020. Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  4. Jay, Michelle (23 de xullo de 2019). "PWHPA solidifies leadership group, plans for future" (en inglés). The Ice Garden. Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  5. Aykroyd, Lucas (15 de xullo de 2019). "Noora Raty gears up for her next challenge in women's hockey" (en inglés). Women's Hockey Life. Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  6. "Noora Räty meni kihloihin jenkkirakkaansa kanssa – julkaisi kuvan timanttisormuksesta" (en finés). Me Naiset. 5 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 7 de xuño de 2019. Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  7. "Karel Popper - Women's Hockey Coach". gophersports.com (en inglés). University of Minnesota Athletics. 2019. Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  8. "KRS Vanke Rays" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  9. "Rädyn Kiekko-Vantaa-paita Jääkiekkomuseoon". Yle Urheilu (en finés). 15 de febreiro de 2016. Consultado o 20 de xaneiro de 2022.