Not the Actual Events | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Nine Inch Nails | ||||
Publicado | 22 de decembro de 2016 | |||
Gravación | 2015-2016 | |||
Duración | 21:11 | |||
Xénero(s) | Rock industrial | |||
Selo(s) | The Null Corporation | |||
Produtor | Trent Reznor, Atticus Ross | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Not the Actual Events é o segundo EP e o décimo lanzamento oficial da banda de rock industrial estadounidense Nine Inch Nails, lanzado fisicamente o 23 de decembro de 2016, pero aqueles que o preordearan recibiron un enlace de descarga un día antes.[1] Este EP de Nine Inch Nails, o segundo despois de Broken, lanzado en 1992, marca a primeira aparición de Atticus Ross como membro oficial da banda.[2] Foi lanzado dixitalmente e en vinilo.
Nunha entrevista con Apple Music, Trent Reznor mencionou que comezou a "xogar con algunhas cousas" con respecto a un novo álbum de Nine Inch Nails, afirmando: "Non é un disco que estou a tratar de terminar nun mes. É máis simplemente sentirse na escuridade e ver o que soa interesante". En decembro de 2015, Reznor dixo que "Nine Inch Nails volverá en 2016".
En decembro de 2016, Reznor falou acerca das súas declaracións do regreso de Nine Inch Nails en 2016: "Esas palabras saíron da miña boca, verdade? Só agarden e vexan que pasa". Tres días despois Reznor anunciou a saída de Not the Actual Events, xunto con reedicións de lanzamentos anteriores de Nine Inch Nails.
Tódolos temas escritos e compostos por Trent Reznor e Atticus Ross.
N.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Branches/Bones" | 1:47 | |||||||
2. | "Dear World" | 4:07 | |||||||
3. | "She's Gone Away" | 6:00 | |||||||
4. | "The Idea of You" | 3:27 | |||||||
5. | "Burning Bright (Field on Fire)" | 5:50 | |||||||
21:11 |