Nos insectos, co termo noto, ou notum desígnase a rexión dorsal ou tergo de cada un dos segmentos do tórax destes animais, e tamén a cada un dos terxitos (escleritos dorsais) do tórax.[1]
O termo é unha adaptación do latín científico notum, substantivo neutro derivado do verbo noto "sinalar", "marcar", "facer un sinal", que é un frecuentativo de nosco, noscis, novi, notŭm, noscĕre, "coñecer".
Cómpre non confundir con noto, "do sur", "vento do sur", derivado do latín Notus, -i, "vento do sur", nin co prefixo noto-, tirado do grego antigo νῶτος nōtos "costas", "lombo" (empregado na construción dalgúns termos científicos, como notofagáceas e notocorda respectivamente).
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |