Nova Acrópole é unha organización internacional que se dedica aos estudos filosóficos e que como os movementos teosóficos afirma a existencia dunha filosofía universal ou Tradición que está detrás de todas as relixións e movementos esotéricos.
Nova Acrópole foi fundada por Ángel Livraga Rizzi na Arxentina en 1957 entre estudantes universitarios e de secundaria, coa probable colaboración da súa compañeira Ada Dolores Albrecht. A partir da década de 1970 co recoñecemento da asociación como fundación de entidade pública polas autoridades arxentinas comeza a se esparexer por varios países de Suramérica e en 1972 chegou a Europa. En 1981 Ada Albrecht deixou a organización e fundou a Asociación Mundial Hastinapura
As 35 organizacións nacionais de Nova Acrópole agrúpanse na Organización Internacional Nova Acrópole (OINA), que ten a súa sede en Bruxelas. A actual directora internacional é Delia Steinberg Guzmán e segundo datos da organización hai 10.000 membros activos en todo o mundo. Presente en España dende 1972, en Galicia mantén sedes na Coruña e Vigo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nova Acrópole |