Novruz Mammadov

Infotaula de personaNovruz Mammadov

(2013) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(az) Novruz İsmayıl oğlu Məmmədov Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de marzo de 1947 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Şıxmahmud (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Primeiro ministro de Acerbaixán
21 de abril de 2018 – 8 de outubro de 2019
Membro da Assembleia Nacional do Azerbaijão (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Acerbaixán Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónAzerbaijan University of Languages (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , político , diplomático Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Novo Azerbaijão (pt) Traducir (1995–)
Azerbaijan National Independence Party (en) Traducir (1992–1995)
Partido Comunista da Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua azarí, lingua rusa, lingua inglesa, lingua turca e lingua francesa Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webcabmin.gov.az Editar o valor en Wikidata

Novruz Mammadov (en azarí: Novruz İsmayıl ouğlu Məmmədov), nado o 15 de marzo de 1947, é un estadista e figura política azarí, que foi primeiro ministro da República de Acerbaixán, dende o 21 de abril de 2018[1] ata a súa dimisión o 8 de outubro de 2019.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Novruz Mammadov naceu o 15 de marzo de 1947 na aldea de Shikmakhmud en Nakhichevan. En 1964 graduouse en secundaria e entrou na sección de lingua francesa da facultade de linguas europeas do Instituto Pedagóxico das linguas de Acerbaixán.

Entre os anos 1967-1968 traballou en Alxeria, entre 1971-1973 en Guinea, e en 1978-1981 en Alxeria, como intérprete e xefe de intérpretes.

En 1991 obtivo o doutoramento en ciencia de filoloxía. En 1992-1993 foi decano da facultade do Instituto Pedagóxico das linguas de Acerbaixán, e en 1993-1997 decano da facultade de francés. O 12 de abril de 1997 foi nomeado xefe do departamento das relacións exteriores da Administración do Presidente da República de Acerbaixán. En 1998,  Novruz Mammadov, polos seus méritos no fortalecemento das relacións amigables entre Acerbaixán e Francia, concedéuselle a Lexión de Honra polo presidente de Francia Jacques Chirac.

En xaneiro de 2002 foi ascendido o rango de Embaixador extraordinario e plenipotenciario polo presidente de Acerbaixán. Dende o setembro de 2005 é o membro da Comisión Nacional de Acerbaixán na UNESCO.

Do 1 de xuño de 2017 foi auxiliar de exterior do presidente de Acerbaixán. O 21 de abril de 2018 foi nomeado primeiro ministro da República de Acerbaixán.[1] Dimitiu ao ano seguinte, o 8 de abril de 2019, sendo substituído por Ali Asadov.[2]