En xeometría, o número de osculación é o máximo número de esferas de radio unidade que poden tocar simultaneamente a unha esfera unitaria nun espazo euclidiano de n dimensións.
En dimensión 1, o número de osculación é, obviamente, 2.
En dimensión 2, é fácil de ver e de probar que o número de osculación é 6.
En dimensión 3 a resposta xa non é sinxela. Podemos dispoñer facilmente 12 esferas de xeito que cada unha estea en contacto coa central, mais fica moito espazo libre entre unhas e outras, de modo que non é obvio que non haxa sitio para unha esfera número 13. Este foi un tema de controversia entre os matemáticos Isaac Newton e David Gregory. Newton calculaba que o límite era 12 e Gregory que era 13. A cuestión non se resolveu até 1874, e Newton tiña razón.[1]
En dimensión 4, durante un tempo ignorouse se a solución era 24 ou 25. En 2003, Oleg Musin probou que a solución correcta era 24.[2]
En dimensión n, con n > 4, ignórase a resposta excepto para n = 8 (240), e n = 24 (196560).[3][4]
A seguinte táboa amosa algúns dos límites coñecidos dos números de osculación en varias dimensións. As dimensións nas que se coñece o número de osculación están listadas en negro.
↑Levenshtein, V. I. Boundaries for packings in n-dimensional Euclidean space. (ruso) Dokl. Akad. Nauk SSSR 245 (1979), no. 6, 1299—1303
↑Odlyzko, A. M., Sloane, N. J. A.New bounds on the number of unit spheres that can touch a unit sphere in n dimensions. J. Combin. Theory Ser. A 26 (1979), no. 2, 210—214