Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.) |
Os antigos pitagóricos consideraban os números como puntos materiais que podían ser agrupados formando figuras xeométricas. Esta forma de representar os números coñécese como números figurados, que se poden agrupar en infinitas familias, aquí danse só algúns exemplos:
Aqueles que poden ser representados con forma de rectángulos. Dentro desta familia tamén se atopan os oblongos, que xorden da multiplicación de dous números naturais consecutivos.
Aqueles que se agrupan formando triángulos.
Aqueles que forman cadrados ao agruparse.
Os números desta familia agrúpanse formando pentágonos.