OKK Beograd | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Omladinski košarkaški klub Beograd |
Liga | KLS |
Alcume | Klonferi |
Fundación | 1945 |
Historia | KK Metalac (1945–1950) KK BSK (1950–1958) |
Cores | Azul, branco |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Sportski centar Šumice |
Capacidade | 2 000 |
Inauguración | 1974 |
Campionatos | |
Liga | 4 (1958, 1960, 1963, 1964) |
Copa | 3 (1960, 1962, 1993) |
okkbeograd.org.rs |
O Omladinski košarkaški klub Beograd (en serbio cirílico: Омладински кошаркашки клуб Београд, Club de Baloncesto Xuvenil de Belgrado), máis coñecido como OKK Beograd, é un club profesional de baloncesto serbio con sede na cidade de Belgrado. Actualmente xoga na Košarkaška liga Srbije (KLS), a máxima categoría do baloncesto serbio. Fundando en 1945, o equipo xoga os seus partidos como local no Sportski centar Šumice, un pavillón inaugurado en 1974 con capacidade para 2.000 espectadores. Entre os seus títulos destacan catro Ligas e tres Copas de Iugoslavia.
O Omladinski košarkaški klub Beograd, é dicir, o Club de Baloncesto Xuvenil de Belgrado, nace en 1945, pouco despois de finalizar a segunda guerra mundial. Ese mesmo ano comezaron o seu camiño outros dous clubs de prestixio da cidade de Belgrado: o Crvena zvezda (Estrela Vermella) e o Partizan. O club, que nace co nome de KK Metalac, xorde por iniciativa do Sindicato de Traballadores do Metal de Iugoslavia (Klonfera). En 1946, na súa primeira participación na Liga iugoslava, lograron a sexta posición.[1]
En 1950 o club mudou o seu nome a KK BSK (Belgrado Sports Club), apelativo que manteñen até 1958 cando xa adquiriron a súa actual denominación. Estes anos foron o momentos máis difíciles do club, xa que non contaban con recursos e tiñan que xogar ao aire libre. Porén, en 1958 comeza a "era dourada" do club cunha xeración de xogadores entre os que estaban Radivoj Korać, Slobodan Gordić, Bogomir Rajković, Trajko Rajković, Miodrag Nikolić ou Milorad Erkić, dirixidos desde o banco por Borislav Stanković e Aleksandar Nikolić. En menos dunha década, o OKK Belgrado conseguiu catro ligas de Iugoslavia (1958, 1960, 1963 e 1964), así como dous trofeos de Copa (1960 e 1962). Nese mesmo período de tempo o club conseguiu chegar ás semifinais da Copa de Europa en tres ocasións, mais viron cortado o seu camiño á final en 1959 polo Academic Sofia, en 1964 polo Spartak Brno e en 1965 polo Real Madrid.
Pasados os anos gloriosos, os seus resultados caeron en picado. Porén, atinxiron a final da Copa Korać en 1972, na que perderon antre outro equipo iugoslavo, o KK Cibona, coñecido entón como KK Lokomotiva. Tiveron que pasar vinte e un anos até conseguir un novo triunfo, a copa de 1993.[1] Desde o ano 2006 o OKK Beograd compite regularmente na liga serbia. O 14 de xuño de 2018, o club asinou un acordo de cooperación co Mega Basket.[2]
Desde o ano 2016 o OKK Beograd posúe un pavillón propio. Situado no barrio de Palilula, ao norte de Belgrado, recibe o nome de Hala Radivoj Korać Hall. Con todo, segue a xogar os seus partidos de Liga no Sportski centar Šumice, recinto inaugurado en 1974 con capacidade para 2.000 espectadores.
Copa de Iugoslavia