Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O Mecanismo | |
---|---|
Formato | Serie de televisión |
Creado por | José Padilha |
Dirixido por | José Padilha |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/80120485 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Mecanismo é unha serie de televisión brasileira sobre política. A seria foi creada José Padilha e Elena Soárez, dirixida por José Padilha, Felipe Prado, Marcos Prado e conta cos guións de Elena Soárez. A serie está libremente inspirada nas investigacións da Operación Lava Jato[1] e foi lanzada por Netflix o 23 de marzo de 2018.
Marco Ruffo (Selton Mello), é un Policía Federal obsesionado polo caso que está a investigar. Cando menos espera, el e a súa compañeira, Verena Cardoni (Carol Abras), atópanse inmersos nunha das maiores investigacións de desvío e lavado de diñeiro da historia de Brasil. A proporción do caso é tan grande que o rumbo das investigacións cambia completamente a vida de todos os involucrados.
En abril de 2016, Netflix anunciou que faría unha serie orixinal, aínda sen título, que retrataría as investigacións da Operación Lava Jato.[1] A serie foi producida por José Padilha, Marcos Prado e pola produtora Zazen Producións, contando co traballo de escritura de Elena Soarez e Sofia Maldonado.[2] A serie foi dirixida por José Padilha, Felipe Prado, Marcos Prado e Daniel Rezende.[3]
O Mecanismo iniciou a súa produción en maio de 2017. As localizacións escollidas incluíron as cidades de São Paulo, Río de Janeiro, Curitiba e Brasília.[3]
A primeira tempada da serie foi lanzada en 23 de marzo de 2018 e contou con 8 episodios.[4]
O primeiro tráiler da serie foi lanzado o 19 de xaneiro de 2018.[4] Un segundo tráiler foi lanzado o 28 de febreiro de 2018.[2]
Para promocionar a serie, Netflix instalou un cartel cun medidor de corrupción en Brasília nomeado "corruptómetro", onde era mostrado un medidor que mediría a cantidade de diñeiro desviado cada minuto.[5] Noutra acción, Netflix instalou no Aeroporto de Brasília e no Aeroporto de Congonhas en São Paulo, a chamada "tenda da corrupción", onde eran presentados produtos ficticios, como roupa interior para contrabandear, unha gravadora de vídeo e o libro "Delación compensada para laicos" entre outras.[6]
A web Rotten Tomatoes rexistrou unha clasificación do 80% cunha nota media de 7.4/10 con base en 5 avaliacións.[7]
Cassio Starling, nunha crítica para Folha de Sao Paulo, dixo que "Como quedou claro na dúas 'Tropa de Elite', ademais do éxito de despacho de billetes, Padilha procura provocar respostas sociais, facer o público reaccionar á anestesia e aos slogans automáticos. A enorme atención concentrada en Lava Jato, nos efectos das investigacións sobre o presente e o futuro inmediato do país, non podería escapar ao oportunismo de Padilha. Por iso, 'O Mecanismo' desenvolve, case insidiosamente, outra trama, que xustifica, finalmente, o título. Ao introducir esa cuestión fundamental Padilha alcanza unha dimensión, de feito, máis política e menos policialesca, máis cotiá e menos excepcional".[8]
Fábio de Souza Gomes, de Omelete, escribiu que a serie presenta unha ficción tediosa e tramas paralelas innecesarias, pero con actuacións destacadas. Comentou tamén que "a pesar de parecer un pouco forzado no inicio, Mello mellora moito ao longo da serie e consegue conducir ben a historia polas sombras, mentres Abras crea unha detective complexa e forte que busca atopar a corrupción que esconde o país". Completou dicindo que "O Mecanismo podería ser moito mellor do que realmente foi".[9]Ritter Fan, do Plan Crítico, escribiu que "os guións dos episodios, todos escritos por Elena Soarez, son máis que didácticos, con repeticións infinitas que golpean na mesma tecla monocorde practicamente todo o capítulo como a de 'combater o cancro non deixa ninguén incólume' e cousas así. No campo das actuacións, Selton Mello unha vez máis mostra que é un dos mellores actores brasileiros da súa xeración, aínda considerando a súa irritante incapacidade de falar para fóra, marca rexistrada súa". Eloxiou a Enrique Díaz, dicindo que a actuación "inmediatamente fai lembrar a de Robert Knepper como T-Bag, en Prison Break, ou sexa, un bandido zafado moldeado para que o odiemos, pero á vez que o amemos". E finalizou dicindo que "o Mecanismo é unha serie con potencial, pero que non é plenamente realizado".[10]
Aínda que a serie inclúe un aviso informando de que está inspirada libremente en eventos reais e que as personaxes, situacións e outros elementos foron cambiados con fins dramáticos, algúns personaxes e elementos teñen unha clara correspondencia á real Operación Lava Jato.[11][12]
Críticas[editar | editar a fonte]A serie foi clasificada polla expresidenta Dilma Rousseff coma propaganda política. [13] Esta crítica foi contestada polo creador da serie, que a tachou de iletrada.[14]
|