O acontecemento máis importante desde que o home chegou á lúa | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | L'événement le plus important depuis que l'homme a marché sur la Lune |
Director | Jacques Demy |
Guión | Jacques Demy |
Intérpretes | Marcello Mastroianni Catherine Deneuve |
Música | Michel Legrand |
Fotografía | Andréas Winding |
Montaxe | Anne-Marie Cotret |
Estrea | 20 de setembro de 1973 9 de xaneiro de 1989 (TVG) |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Francia Italia |
Xénero | Comedia |
Recadación | $2 100 000[1] |
Na rede | |
O acontecemento máis importante desde que o home chegou á lúa (en francés: L'Événement le plus important depuis que l'homme a marché sur la Lune, en italiano: Niente di grave, suo marito è incinto) é un filme francoitaliano de comedia dirixido por Jacques Demy[2] que se estreou en 1973.
Estreouse en galego o 9 de xaneiro de 1989 a través da TVG.[3]
Marco (Marcello Mastroianni) é un profesor de autoescola prometido a Irène (Catherine Deneuve), unha peiteadora. Tras cear polo, el quéixase á súa patroa de que cociña polo demasiado frecuentemente. Comeza a sentirse inchado e canso e visita un médico, que determina que está embarazado. Un experto conclúe que as hormonas do polo e volveron feminino abondo para ter un fillo. Co seu permiso, os médicos publican o caso e Marco convértese en modelo para unha compañía de roupa para nais que crea unha nova liña dedicada á paternidade. Finalmente, despois de que outros homes tamén queden embarazados, revélase que tiña un embarazo psicolóxico.