O amor ten dúas caras | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Mirror Has Two Faces |
Director | Barbra Streisand |
Produtor | Barbra Streisand Arnon Milchan |
Guión | Richard LaGravenese |
Baseado en | Le Miroir à deux faces de André Cayatte e Gérard Oury |
Intérpretes |
|
Música | Marvin Hamlisch |
Fotografía | Dante Spinotti Andrzej Bartkowiak |
Montaxe | Jeff Werner |
Estudio | Phoenix Pictures Arnon Milchan Productions Barwood Films |
Distribuidora | TriStar Pictures |
Estrea | 15 de novembro de 1996 |
Duración | 126 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia romántica |
Orzamento | $42 000 000 |
Recadación | $91 610 201 |
Na rede | |
O amor ten dúas caras (en inglés: The Mirror Has Two Faces) é un filme estadounidense de comedia romántica producido, dirixido e protagonizado por Barbra Streisand que se estreou en 1996. O guión de Richard LaGravenese está vagamente baseado no filme francés de 1958 Le Miroir a deux faces, escrito por André Cayatte e Gérard Oury. No filme tamén aparecen os actores Jeff Bridges, Pierce Brosnan, George Segal, Mimi Rogers, Brenda Vaccaro e Lauren Bacall.
Streisand, Marvin Hamlisch, Robert John "Mutt" Lange e Bryan Adams compuxeron o tema principal do filme, "I Finally Found Someone".