O anxo negro | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | L'ange noir |
Director | Jean-Claude Brisseau |
Produtor | Jean-Claude Brisseau |
Guión | Jean-Claude Brisseau |
Intérpretes | Sylvie Vartan Michel Piccoli Tchéky Karyo |
Música | Jean Musy |
Fotografía | Romain Winding |
Montaxe | María Luisa García |
Estudio | Les Films Alain Sarde |
Estrea | 16 de novembro de 1994 21 de marzo de 2001 (TVG) |
Duración | 99 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
O anxo negro (en francés: L'ange noir) é un filme francés de 1994 dirixido e escrito por Jean-Claude Brisseau.
Estreouse en galego a través da TVG o 21 de marzo de 2001.[1]
Stephane Feuvier asasina de xeito cruel un home no pazo onde ela vive. É a esposa do ilustre maxistrado George Feuvier, un home importante da alta sociedade bordelesa. Coa axuda da súa criada Madeleine amáñao todo para que pareza un intento de violación e así lexitimar o seu crime. O seu home contrata un dos mellores avogados da cidade para defendela.[2]