O asasinato da irmá George | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Killing of Sister George |
Director | Robert Aldrich |
Produtor | Robert Aldrich[1] |
Guión | Lukas Heller |
Baseado en | Obra de Frank Marcus[1] |
Intérpretes | Beryl Reid Susannah York Coral Browne[1] |
Música | Gerald Fried[1] |
Fotografía | Joseph F. Biroc |
Montaxe | Michael Luciano |
Estudio | Palomar Pictures International The Associates and Aldrich[1] |
Distribuidora | Cinerama Releasing Corporation (1968, orixinal) MGM (2005, DVD) |
Estrea | 12 de decembro de 1968 21 de xuño de 2014 (TVG) |
Duración | 138 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $2 550 000[2][3] |
Recadación | $5 325 000[2] |
Na rede | |
O asasinato da irmá George (en inglés: The Killing of Sister George) é un filme estadounidense de 1968 dirixido por Robert Aldrich. Baséase na obra homómina de Frank Marcus. No filme, unha actriz de televisión lesbiana, June "George" Buckridge (Beryl Reid), enfróntase simultaneamente á perda do seu papel nunha popular serie e á ruptura coa súa parella, unha muller máis nova (Susannah York). Malia que a obra de Marcus era unha comedia negra,[4] o filme está considerado un drama.[5] Contén escenas de relacións lesbianas que non aparecen na obra orixinal,[6] e amosa un tratamento serio desta orientación sexual.[7]
Estreouse en galego o 21 de xuño de 2014 a través da TVG.[8]