O combate dos xefes | |
---|---|
![]() | |
Título orixinal | Le Combat des chefs |
Autor/a | René Goscinny |
Ilustrador/a | Albert Uderzo |
Cuberta | Albert Uderzo |
Orixe | ![]() |
Lingua | francés |
Colección | Astérix |
Xénero(s) | Banda deseñada |
Editorial | ![]() ![]() |
Data de pub. | ![]() ![]() |
Formato | Tapas duras |
Páxinas | 48 |
ISBN | ISBN 84-85146-27-1 |
Precedido por | Astérix e Cleopatra |
Seguido por | Astérix en Britania |
Tradución | Eduardo Blanco Amor (1976) Marisa Guerra (1992) Xavier Senín e Isabel Soto (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O combate dos xefes[1] (en francés: Le Combat des chefs) é o sétimo volume da serie de banda deseñada Astérix, publicado en 1966 e creado por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración).[2]
Foi traducido ó galego por Eduardo Blanco Amor e publicado por Mas-Ivars en 1976 baixo o título A loita dos xefes.[3] A tradución deste volume aparece asinada por "Juan Blanco Amor".[4] En 1992, publicouse de novo da man de Editorial Galaxia, con tradución de Marisa Guerra e baixo o título O combate dos xefes.[1] En setembro de 2018, publicouse unha nova tradución de Xavier Senín e Isabel Soto por Edicións Xerais con ese mesmo título.[5]