O ente | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Entity |
Director | Sidney J. Furie |
Produtor | Harold Schneider |
Guión | Frank De Felitta |
Baseado en | O ente, novela de Frank De Felitta |
Intérpretes | Barbara Hershey, Ron Silver, David Labiosa, Margaret Blye |
Música | Charles Bernstein |
Fotografía | Stephen H. Burum |
Montaxe | Frank J. Urioste |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 4 de febreiro de 1982 11 de novembro de 2001 (TVG) |
Duración | 125 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Terrorsuspense |
Orzamento | 9.000.000 $ |
Recadación | 13.277.558 $ |
Na rede | |
O ente (en versión orixinal inglesa: The Entity) é un filme de terror estadounidense do ano 1982, dirixida por Sidney J. Furie e protagonizada por Barbara Hershey, quen interpretou a Carla Moran, unha muller californiana que era aterrada por un ente invisíbel.
Estreouse en galego na TVG o 11 de novembro de 2001.[1]
O filme trata do pesadelo de Carla Moran (Barbara Hershey), unha nai solteira con tres fillos atemorizada por unha entidade sobrenatural que a viola e bate nela múltiples veces. A muller recibirá a axuda de investigadores do paranormal, que conseguirán capturar o espírito.
Presuntamente, o filme está baseado na vida de Doris Bither, pseudónimo da verdadeira Carla Moran, quen asegurou que aínda era agredida por un ser invisible, aínda que con menos frecuencia e intensidade que nos primeiros anos, posteriormente á estrea da película. Tras mudarse a Texas coa súa familia despois de ser investigada por un experto equipo de parapsicólogos e científicos, os ataques foron remitindo ata desaparecer completamente ao cabo de catro anos de mudarse. Tras ser diagnosticada de cancro polo Dr. Taff (Sneiderman na película), Doris morreu o 25 de xullo de 2006.
Premio | Categoría | Suxeito | Resultado |
---|---|---|---|
Premios do Festival do Filme Fantástico de Avoriaz | Mellor actriz | Barbara Hershey | |
Premios Saturn | Mellor música | Charles Bernstein |