O forasteiro misterioso | |
---|---|
Eseldorf era un paraíso para os rapaces. | |
Título orixinal | The Mysterious Stranger |
Autor/a | Mark Twain |
Ilustrador/a | Newell Convers Wyeth |
Orixe | EUA |
Lingua | Inglés |
Colección | Narrativa |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Harper Editorial Hugin e Munin |
Data de pub. | 1916 2011 |
Páxinas | 176 |
Tradución | Alejandro Tobar |
[ editar datos en Wikidata ] |
O forasteiro misterioso[1] é unha novela do autor estadounidense Mark Twain, publicada orixinalmente en 1916 co título en inglés de The Mysterious Stranger. Foi traducida ao galego por Alejandro Tobar,[2] e publicada por Editorial Hugin e Munin en 2011.[1] Está ambientada nunha aldea austríaca durante o século XVI.
Traballou nela de maneira periódica entre os anos 1890 e 1910. O corpo do texto é unha severa crítica social que Twain dirixe sobre o sentido moral e relixioso da "maldita raza humana". O escritor deixou a consigna de que a obra non fose publicada até despois da súa morte, como así sucedeu.
Twain escribiu múltiples versións da historia, todas elas inacabadas e con Satanás como protagonista. A primeira das versión é decote referida como The Chronicle of Young Satan (este Satán é o sobriño do Satán bíblico).