O raposo grande e malo e outros contos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Le Grand Méchant Renard et autres contes... |
Director | Benjamin Renner Patrick Imbert |
Produtor | Didier Brunner Vincent Tavier |
Guión | Benjamin Renner Jean Regnaud |
Baseado en | Obras de Benjamin Renner |
Intérpretes | Guillaume Darnault Damien Witecka Kamel Abdessadok Antoine Schoumsky Céline Ronté |
Música | Robert Marcel Lepage |
Montaxe | Benjamin Massoubre |
Estudio | Folivari Panique! Production Télétoon+ |
Distribuidora | StudioCanal |
Estrea | 15 de xuño de 2017 |
Duración | 83 minutos |
Orixe | Francia Bélxica |
Xénero | Animación |
Orzamento | 3 millóns de dólares[1] |
Recadación | 9,6 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
http://folivari.com/en/projet/the-big-bad-fox-and-other-tales/ | |
O raposo grande e malo e outros contos (en francés: Le Grand Méchant Renard et autres contes…) é un filme franco-belga de 2017 dirixido por Benjamin Renner e Patrick Imbert. O filme é unha adaptación das obras de banda deseñada de Renner. Orixinalmente concibido como varios especiais de televisión de media hora, o proxecto foi reestruturado como unha longametraxe con historias curtas.[3] Consta de tres historias: "Un bebé para entregar", "Un raposo grande e malo" e "Hai que salvar o Nadal".
Estreuose orixinalmente no Festival de Cinema de Annecy o 15 de xullo de 2017[4] e posteriormente a través de StudioCanal en Francia o 21 de xuño. Estreouse dobrado en galego na plataforma do Xabarín en 2024.[5]
O filme comeza nun teatro cun grupo de animais preparando un espectáculo. O raposo, o presentador do espectáculo, dille ao público que compartirán tres historias diferentes, a maioría delas transcorren nunha granxa francesa dirixida por animais. Despois de falar co público, a obra comeza cando os animais lle din ao raposo que xa están listos.