O viaxeiro astral | |
---|---|
Portada da edición de 1915. | |
Título orixinal | The Star Rover, The Jacket |
Autor/a | Jack London |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Fantasía |
Editorial | Macmillan |
Data de pub. | 1915 |
Páxinas | 329 páx. |
Tradución | Xoán Abeleira |
[ editar datos en Wikidata ] |
O viaxeiro astral é unha novela do escritor norteamericano Jack London, publicada en 1915 por primeira vez no Reino Unido como The Jacket e posteriormente como The Star Rover. Foi a súa derradeira novela, e foi publicada en lingua galega en 2007 por Editorial Galaxia, traducida do orixinal inglés por Xoán Abeleira[1]. Narra historias de reencarnación.
O conxunto da historia é contada en primeira persoa por Darrell Standing, un profesor universitario preso con cadea perpetua en San Quintín por asasinato. Os traballadores da prisión tratarán de acalmalo mediante a tortura da chamada "chaqueta", unha camisa de forza. Mais será capaz de non sentir a dor que esta lle causa entrando nunha especie de estado de transo, autohipnotizándose, o que os parapsicólogos chaman desdobramento e que, na linguaxe mística, é coñecido como viaxe astral, fórmula coa que acabará andando entre as estrelas e revivindo experiencias das súas anteriores vidas.
As descricións do uso da camisa de forza no cárcere son reais, descritas por Ed Morrell a Jack London, que ademais de ser un personaxe do libro, quen lle conta ao protagonista como viaxar, foi un ex convicto de San Quintín, que coma o protagonista, pasou cinco anos continuos nunha cela de illamento.
As distintas vidas que o protagonista revive, son en conxunto unha serie de relatos curtos ben escritos, aínda que descontinuos e sen resolver.