O Ézaro | |
---|---|
Concello | Dumbría[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°54′43″N 9°07′57″O / 42.9119, -9.1324 |
Poboación | 603 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 15[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Uxía do Ézaro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Dumbría, bañada pola Ría de Corcubión. Segundo o IGE en 2022 tiña 603 habitantes (322 mulleres e 281 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.081 habitantes.
A fervenza do Ézaro, na desembocadura do río Xallas, é un lugar de grande atractivo turístico. A carón da fervenza rematou varias veces unha etapa da Vuelta a España.
Ézaro ou Ésaro (con seseo) vén do medieval Isaro, que tería unha orixe hidronímica indoeuropea cunha raíz eis- ou is-: moverse rapidamente ou violentamente, referido ao tramo final do río Xallas cando cae na fervenza de nome Ézaro. A raíz está viva en verbos do sánscrito como ísyati (bulir), ésati (esvarar). En Italia existe o río Esaro, afluente do Crati, coa mesma orixe. En Francia existe o río Isère, afluente do Ródano, en Aragón o río Esera, afluente do Cinca. En Baviera o Isar, afluente do Danubio, en Flandres o Yser ou Ijzer, o Eisrà en Lituania e casos británico deformados.[2]
Lugares da parroquia do Ézaro no concello de Dumbría (A Coruña) | |
---|---|
O Cancelo | O Castelo | As Covas | A Croa | A Estrada | O Ézaro | Finsín | As Lagoelas | A Laxe | O Lombiño | A Pena | Río do Barco | San Crimenzo | Santa Uxía | O Santo |