Oblea

Oblea

Oblea cociñada en Melide.
Tipo Doce
Orixe Grecia Grecia
Italia Italia
Ingredientes
Orixe animal Ovo (alimento)
Manteiga
Orixe vexetal Fariña de centeo
Azucre

A oblea é un biscoito con orixes na Antigüidade clásica, na súa forma máis simple é unha folla moi fina de masa de fariña e auga, moi común nas respostarías europea e latina modernas. Durante a misa católica o sacerdote consagra a oblea para crear a hostia, xunto co viño, para conmemorar a morte de Xesucristo.

As obleas eran xeralmente creadas sobre unha masa de doce cociñada en moldes de ferro circulares. Sobre o nome existe a tese da súa orixe no termo grego obelios, isto é cociñado sobre dúas placas de ferro e vendido por un óbolo. Outra tese en competición é a da súa orixe no termo latino oblata (ofrenda), como parte non consagrada aínda do rito relixioso.

Durante a Idade Media, as obleas eran vendidas polos oubloyeurs (ou oublieux), un gremio primeiramente datado no 1270. Comerciaban coas obleas nas rúas e diante das igrexas en días de festa. Atópanse máis referencias ás vendas de oblea nesta época na cidade de Lión, onde aparentemente eran enroladas en cornetes despois de ser cociñadas. Os oubloyeurs amoreaban as obleas en grupos de cinco, chamadas a main d'oublies. A miúdo ofertaban xogos de dados ou apostas nunha roda da fortuna preparada sobre o seu canastro para atraer clientes. Durante o século XVI en París a maioría de comerciantes de obleas establecéranse na Rue des Oubloyers e a galleta xa derivara en nieules (doces con forma de bolas) ou chauds (similar ao brioche).[1]

Receitas en Europa e América

[editar | editar a fonte]

Dado que o modo de cocción sobre dous moldes circulares é o mesmo, acostúmase a considerar a oblea o precursor do gofre, e ao aplicarlle as formas, tamén o do barquillo español.

En Alemaña, é unha galleta cunha base de pan ácimo con azucre. En Suíza, as obleas chámanse bricelets. En Alxeria, na década de 1950, os vendedores ambulantes ofrecían obleas de París. En Chequia as oplatky eran moi populares nas vilas termais de Karlsbad e Marienbad e foron introducidas en Alemaña polas minorías xermanófonas residentes nas vilas e os visitantes. En Colombia, México, O Salvador e Venezuela as obleas levan un engadido de caramelo, o arequipe, e cocíñanse combinadas con queixo, xamón, confeti de caramelo etc... A primeira fábrica industrial de obleas en Colombia abriu no ano 1940. En Costa Rica o doce é coñecido como Galletas Suizas.[2][3]

En Galicia

[editar | editar a fonte]
Amendoados galegos

Os amendoados de Allariz, Melide ou Ribadavia son unha sobremesa tradicional galega. Son unha mestura de améndoa moída, azucre e clara de ovo. Cando está sólida a masa resultante colócase en anacos por riba dunhas obleas e lévase ao forno.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]