Occator é un cráter de impacto situado en Ceres que contén a chamada "Mancha 5", a mancha máis brillante de tódolos puntos brillantes observados pola sonda espacial Dawn. Era coñecida como "Rexión A" nas imaxes terrestres tomadas polo Observatorio W. M. Keck en Mauna Kea.[1]
O cráter recibiu o seu nome en referencia a Occator, deus da grade e axudante de Ceres. O nome foi aprobado oficialmente pola UAI o 3 de xullo do 2015.[2][3]
O 9 de decembro de 2015, varios científicos informaron que as manchas brillantes sobre Ceres, incluíndo as do cráter Occator, podían estar relacionadas cun tipo de sal, en particular cunha forma de salmoira que contería hexahidrato de sulfato de magnesio (MgSO4.6H2O); tamén se achou que as manchas están asociadas a arxilas ricas en amoníaco.[4] Máis recentemente, o 29 de xuño de 2016, varios científicos informaron que o punto brillante estaría composto principalmente de carbonato de sodio (Na 2CO 3), o que implica que a actividade hidrotermal sería a probable causa da creación dos puntos brillantes.[5][6]
A mancha no centro do cráter chámase CerealiaFacula,[7] e o grupo de manchas ao leste chámanse Vinalia Faculae.[8]
↑De Sanctis, M. C.; Raponi, A.; Ammannito, E.; Ciarniello, M.; e o resto de colaboradores (29-06-2016). "Bright carbonate deposits as evidence of aqueous alteration on (1) Ceres". Nature536: 1–4. PMID27362221. doi:10.1038/nature18290.