Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Grecia | |||
Administracións descentralizadas | administración descentralizada do Exeo | |||
Periferias | Exeo Setentrional | |||
Unidades periféricas | Chios Regional Unit (en) | |||
Concello | Oinousses Municipality (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 792 (2011) (55,07 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 14,382 km² | |||
Bañado por | Mar Exeo | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 821 01 | |||
Prefixo telefónico | 2271 | |||
Oinousses (grego: Οινούσσες, formas alternativas: Aignousa (Αιγνούσα) ou Egnousa (Εγνούσα)) é un grupo de illas conformado unha illa grande e 8 illas máis pequenas a uns 2 km da costa nordés da illa grega de Quíos e a 8 km ao oeste de Turquía.
Administrativamente as illas forman un municipio dentro da unidade rexional de Quíos, que forma parte da rexión do Exeo Setentrional. A cidade principal das illas e cabeceira do municipio tamén se chama Oinousses.[1] Oinousses ten unha pequena poboación residente, que viven principalmente na cidade Oinoússes (pob. 792), e nun mosteiro de recente construción. A cidade céntrase nun cadrado e un pequeno porto; que inclúe unha escola, varias igrexas, unha escola secundaria Naval e un museo marítimo. Os únicos outros asentamentos poboados son Kástron (pob. 29) e Aspalathrókampos (5).
A gran maioría da forza laboral da illa dedícase á navegación, a pesca e o pastoreo de cabras.
As illas son famosas por ser a orixe dun conxunto infrecuente de exitosas familias de navieiros: as familias Lemos, Pateras, Hadjipateras, Kollakis e Lyras. Mentres que a maioría destas familias viven agora noutro lugar a maior parte do ano, as illas e a cidade están ben coidados cunha gran conexión naval. Os oinoussianos no estranxeiro destacan polas súas exitosas habilidades empresariais na industria do transporte industrial. Aínda que o número de empresas de explotacións de buques oinoussianos diminuíu desde o seu apoxeo na década de 1960 aínda manteñen unha posición formidable na industria do transporte industrial.
O arquipélago Oinousses comprende as seguintes illas.[2] A máis grande é Oinousses ou Egnoussa (14´3 km²), a segunda máis grande é o illote Pasas ou Panagia (2´5 km²) e o terceiro máis grande é o illote Vatos.
Ano | Poboación |
---|---|
1981 | 705 |
1991 | 636 |
2001 | 1.050 |
2011 | 826 |