Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1994 (30 anos) Trondheim, Noruega | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 187 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 74 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2012 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Noruega | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 17 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Ivar Selnæs | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ole Kristian Selnæs, nado en Trondheim o 7 de xullo de 1994, é un futbolista que xoga como centrocampista para o AS Saint-Étienne.
É fillo do ex-porteiro do Rosenborg Ivar Selnæs,[1] aínda que naceu en Trondheim[2] pasou a súa mocidade en Lillestrøm, onde o seu pai adestraba ao Skjetten,[3] e Ole xogou nos equipos xuvenís dese club e tras volver a súa famlia a Trondheim xogou co Sverresborg IF.
Selnæs fichou polo Rosenborg en 2009[2]. En 2011 foi un dos piares do equipo sub-19 do Rosenborg, que gañou o campionato[4],[5]. Firmou o seu primeiro contrato profesional o 25 de marzo de 2012[6] e comezou a tempada como substituto da parella de centrocampistas Mohamed-Awal Issah e Markus Henriksen[7], mais axiña tomou o lugar de Henriksen no once inicial[8]. O seu debut profesional tivo lugar contra o Lillestrøm, o 1 de abril de 2012 ao substituír a Issah[9]. Na semana seguinte xa foi titular contra o Sogndal[10]. Despois de catro encontros, o sitio webscan-scout.com elixiuno o maior talento de Escandinavia[11]
Selnæs foi titular regular durante a primeira metade da tempada 2012, pero perdeu o seu lugar por mor dunha lesión. Á súa volta o Rosenborg xa adquirira a Tarik Elyounoussi, Cristian Gamboa e Jaime Alas, xa que logo o seu tempo de xogo quedou reducido. Gañou o seu primeiro trofeo na tempada 2015, ao lograr co seu equipo os títulos de campión de Noruegae da copa de Noruega, e ademais elixírono mellor xogador da liga[12].
Pasou á liga francesa o 1 de febreiro de 2016 ao firmar co AS Saint-Étienne[13][14]. Xoga con outro noruegués, excompañeiro de equipo do Rosenborg, Alexander Søderlund que chegou unhas semanas antes[15].
A súa estrea co novo club foi o 10 de febreiro na Copa de Francia contra o Troyes AC, xa participando como titular[16].
Selnæs representou ao seu país nas seleccións xuvenís, desde a sub-16[17]. Entrou na selección absoluta no verán de 2015 e debutou o 24 de marzo de 2016 nun encontro contra Estonia