Ontario Lacus | |
---|---|
Ontario Lacus é a mancha escura do centro cara á esquerda nesta imaxe da rexión do polo sur de Titán. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Lacus |
Accidente xeolóxico de | Titán |
Diámetro | ~235 km |
Superficie | 20.000 km2[1] |
Coordenadas | 72° S 183° O [2] |
Procedencia do nome | Relativo ó Lago Ontario que está situado entre Canadá e EUA.[2] |
Ontario Lacus é un lago composto de hidrocarburos líquidos (principalmente metano e etano) da lúa de Saturno, Titán, está situado a 72,0° S 183,0° O e ten un diámetro de ao redor de 235 km e unha superficie de ~20.000 km2, extensión levemente superior á do Lago Ontario [1] e de forma semellante, tamén é este lago que se atopa entre as fronteiras do Canadá e EUA o que lle dá o nome.
Dende que a sonda Cassini volveu a tomar fotografías do polo sur de Titán, desta vez co radar en decembro do 2007[1] (e en moitas máis datas posteriores) quedou patente non só a confirmación de que este lago estaba formado por hidrocarburos[3], senón tamén a total confirmación da existencia de sistemas de nubes na troposfera da lúa, as cales xa foran fotografadas por primeira vez pola Cassini o 23 de outubro do 2004,[4] de tormentas e choivas que xeraron depósitos de hidrocarburos líquidos[5] e da seca ou redución de moitos lagos de menor tamaño do polo sur de Titán[6], isto último reflicte os cambios estacionais que sofren os polos de Titán, sobre todo o polo sur.