Operación Teardrop

Operación Teardrop
Parte de Segunda guerra mundial

Un barco salvavidas transporta os superviventes do U-546 escoltado por destrutores estadounidenses o 24 de abril de 1945
Data abril - maio de 1945
Lugar Océano Atlántico
Resultado Vitoria aliada
Belixerantes
Alemaña Nazi Alemaña
Estados Unidos de América Estados Unidos

Canadá Canadá

Líderes
Alemaña Nazi Eberhard Godt Jonas H. Ingram
Forzas en combate
11 submarinos
(U-518, U-530, U-546, U-548, U-805, U-858, U-880, U-881, U-889, U-1229 i U-1235)
4 portaavións de escolta
42 destrutores de escolta
Baixas
218 mortos
33 capturados[1]
5 submarinos afundidos
126 mortos
1 destrutor afundido

A operación Teardrop foi unha operación militar levada a cabo pola Mariña dos Estados Unidos entre abril e maio de 1945 para afundir diversos submarinos alemáns que se achegaban á costa leste dos Estados Unidos e que se cría que transportaban bombas volantes V-1. Alemaña ameazara ós Estados Unidos de atacar Nova York con bombas V-1 e mísiles V-2, pero despois da guerra comprobouse que os submarinos non levaban artefactos desa clase.

A operación comezouse a preparar a finais de 1944 como unha resposta a informes de intelixencia que afirmaban que Alemaña estaba preparando un grupo de submarinos armados con mísiles. Preparáronse dous continxentes antisubmarinos. O plan executouse en abril de 1945 despois de que diversos U-Boot tipo IX saísen de Noruega en dirección ós Estados Unidos. Malia que as condicións meteorolóxicas adversas reduciron a efectividade dos catro portaavións de escolta implicados, a gran cantidade de destrutores despregados detectaron e capturaron a maioría de submarins alemáns. As forzas aéreas canadenses tamén participaron na operación.

Cinco dos sete submarinos do grupo en disposición de atacar os Estafos Unidos foron afundidos, dos cales catro con toda a súa tripulación. 33 tripulantes e especialistas do U-546 foron capturados e interrogados violentamente. Un destrutor de escolta foi afundido coa perda da maior parte da súa tripulación. A guerra rematou pouco despois e todos os superviventes alemáns rendéronse. O interrogatorio da tripulación revelou que os submarinos non dispoñían de equipo de lanzamento de mísiles.

Consecuencias

[editar | editar a fonte]
Lanzamento dun mísil Loon dende o USS Cusk en 1951.

Despois da rendición alemá, a Armada dos Estados Unidos mantivo os seus esforzos para determinar se os U-Boot levaban mísiles. As tripulacións do U-805 e o U-858 foron interrogadas para confirmar que as súas naves non levaban equipamento de lanzamento de mísiles.[2] O Kapitänleutnant Fritz Steinhoff que comandara o U-511 durante as probas con foguetes[3] e que fora capturado despois de render o U-873, foi sometido a técnicas abusivas de interrogatorio en Portsmouth. Pouco despois suicidouse mentres estaba preso nun cárcere de Boston, provocando que a mariña investigase estes interrogatorios. Un dos interrogadores admitiu telo magoado e correu a voz de que pouco antes de morrer regresara dun interrogatori coa cara visiblemente ensanguentada.[4] Non está claro se os aliados chegaron a coñecer a relación de Steinhoff cos ensaios de foguetes.[2][5]

Diversos oficiais da mariña avaliaron as tácticas empregadas na Operación Teardrop despois da guerra. Os escoltas aéreos dos destrutores estaban decepcionados, xa que a súa habilidade para detectar os submarinos viuse moi limitada polo mal tempo. Malia isto, os avións tiveron éxito o facer que os U-boot tivesen que manterse somerxidos, reducindo a súa velocidade.[2] Porén, o historiador e consultor militar Philip K. Lundeberg calificou a operación como "unha demostración clásica non só das tácticas coordinadas de caza, derivadas en parte da experiencia británica, senón tamén do profundo impacto da intelixencia nas comunicacións para impedir o tránsito de submarinos nas zonas de patrulla".[6] Do mesmo xeito, os británicos aseveran que as súas actuacións de intelixencia no descifrado e intercepción das comunicacións alemás contribuíron en "virtualmente todos" os afundimentos de submarinos da Operación Teardrop.[7]

A mariña empregou unha variante do V-1 para probar a posibilidade de lanzar mísiles de cruceiro dende submarinos nos anos posteriores á guerra. As naves USS-Cusk e USS-Carbonero lanzaron con éxito mísiles Loon nunhas manobras en febreiro de 1947. Despois destes, nos anos seguintes desenvolvéronse diversos prototipos de mísiles que podían ser disparados dende submarinos.[8] Estes tests demostraron que era tecnicamente posible que os alemáns chegasen a desenvolver armas semellantes se a guerra tivese durado máis.[9]

  1. Blair 1998, p. 688
  2. 2,0 2,1 2,2 Lundeberg 1994, p. 227.
  3. Uboat.net (ed.). "Nota biogràfica de Friedrich Steinhoff". Consultado o 5 de xullo de 2013. 
  4. Milhomme, Bill. "Suicide: U-Boat 873 Commander Friedrich Steinhoff". milhomme.blogspot.com. Consultado o 5 de xullo de 2013. 
  5. Blair 1998, pp. 689–90.
  6. Lundeberg 1994, p. 230.
  7. Hinsley 1988, p. 626.
  8. Polmar & Moore 2004, p. 87.
  9. Duffy 2004, p. 72.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]