Operación Ogro | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Operación Ogro |
Director | Gillo Pontecorvo |
Produtor | Jesús Gárgoles, José Sámano, Franco Cristaldi |
Guión | Ugo Pirro, Giorgio Arlorio, Gillo Pontecorvo |
Intérpretes | Gian Maria Volonté José Sacristán Ángela Molina Eusebio Poncela Ana Torrent |
Música | Ennio Morricone |
Fotografía | Marcello Gatti |
Montaxe | Mario Morra |
Distribuidora | VellaVisión S.L. |
Estrea | 28 de setembro de 1979 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | España Italia |
Xénero | Histórica |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Operación Ogro é unha película do director italiano Gillo Pontecorvo, coprodución hispano-italiana, estreada en Italia en 1979, e baseada no libro homónimo da autora Eva Forest. O título fai referencia ao nome en clave co que ETA denominou a acción, sendo ademais ogro o alcume de Carrero Blanco.
O filme narra o intento de secuestro e posterior atentado que ETA levou a cabo o 20 de decembro de 1973 contra Luis Carrero Blanco, que fora designado presidente do goberno de España por Francisco Franco uns meses atrás.
A película foi seleccionada oficialmente para a clausura do Festival de Venecia. Declarada de "Especial Calidade" pola Dirección Xeral de Cinematografía, obtivo o premio David di Donatello á mellor dirección.