Ophisaurus | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ophisaurus attenuatus fotografado no condado de Iron, Missouri | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Especiess | |||||||||||||||||||||||||||||
|
Ophisaurus é un xénero de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos anguimorfos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos.[1]
O xénero foi descrito en 1803 polo zoólogo francés, especializado en ornitoloxía e herpetoloxía, François Marie Daudin,[1] na súa obra Histoire Naturelle, Générale et Particulière des Reptiles; Ouvrage faisant suite aux Œuvres de Leclerc de Buffon, et partie du Cours complet d'Histoire naturelle rédigé par C.S. Sonnini, membre de plusieurs Sociétés savantes. Tome septième. París: F. Dufart. (Ophisaurus, novo xénero, p. 346). Texto completo dixitalizado.
O nome científico Ophisaurus está formado pola unión dos elementos do latín científico ophi- e -saurus, ambos os dous derivados de termos do grego antigo; o primeiro de ὄφις óphis, "serpente", e o segundo de σαῦρος saữros, "lagarto".[2] Literalmente, "os lagartos-sepente".
O xénero integra as seguintes seis especies:[1]
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ophisaurus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ophisaurus |