Oroonoko | |
---|---|
Portada da primeira edición do libro en 1688. | |
Título orixinal | 'Oroonoko' |
Autor/a | Aphra Behn |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Tema(s) | escravitude |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Will. Canning Editorial Hugin e Munin |
Data de pub. | 1688 2012 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 104 |
ISBN | ISBN 978-84-939647-7-1 |
Tradución | Marifé González |
[ editar datos en Wikidata ] |
Oroonoko[1] é unha novela curta da escritora británica Aphra Behn, que foi publicada en lingua inglesa en 1688. Foi traducida ao galego por Marifé González,[2] e publicada por Editorial Hugin e Munin en 2012.[1]
A obra, cuxo protagonista é un africano escravizado e levado a Suriname durante a década de 1660, conta unha tráxica relación amorosa que, aparentemente, foi inspirada nas viaxes que a propia autora fixo ás colonias suramericanas. Adoita afirmarse que Behn foi a primeira inglesa que se dedicou profesionalmente á composición de novelas e pezas teatrais. Oroonoko cóntase entre as máis antigas novelas da lingua inglesa, e describe ben o sistema escravista da época.