Orquídea marela pinta | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Orchis provincialis | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
A orquídea marela pinta, Orchis provincialis,[1] é unha orquídea de hábito terrestre que se distribúe pola Europa mediterránea, e noroeste de África.
As follas son oblongas cunha lonxitude de 8 cm xeralmente con manchas máis ou menos uniformes de cor purpurea marrón escura. Tamén presenta brácteas foliares (1 a 2) que envolven o talo na maior parte da súa lonxitude. As follas medran dende os nódulos subterráneos que teñen un tamaño máximo de 6 cm e son elipsoides.
O talo da inflorescencia que é erecta en espiga con forma oblonga, sae da roseta basal de 5 a 10 follas oblongo lanceoladas que ás veces están moteadas de puntos púrpura marronáceos. O talo ten de 7,5 a 12,5 cm de lonxitude. Presenta unha floración en forma oblonga con flores pequenas (8 a 12) . Dos tres sépalos os dous laterais son iguais en tamaño, de cor amarela pálida con nervaduras de cor amarela pálida algo máis intensa, converxentes no ápice estando soltos, quedando os sépalos arqueados lateralmente para diverxer os ápices ergueitos cara arriba, por encima da columna sen cubrila atópase o terceiro sépalo. O sépalo central é lixeiramente máis pequeno que os laterais, este, da mesma cor amarela pálida, sitúase xusto encima de dous pétalos que están solapados lateralmente formando unha gorra que cobre a columna. O labelo sobresae debaixo do casco 3/4 partes é da mesma cor que sépalos e pétalos. O labelo de forma trapezoidal presenta tres lóbulos (formados por dúas pequenas identacións) o central lixeiramente máis ancho que os dous lóbulos, un a cada lado que están lixeiramente arqueados cara a dentro e o central bombeado cara arriba. O labelo na metade central superior ten unha cor amarela máis intensa que o resto con dúas fileiras de motas cor púrpura. Ten ademais un esporón fino e alargado que sae da parte de atrás da base dos sépalos, arqueado cara arriba de lonxitude algo menor que o total da flor, da mesma cor amarela pálida. Rlorece dende marzo até xuño. A cor pode variar desde esbrancuxada a diferentes tons de rosa e púrpura nalgunhas variedades.
Desenvólvese en piñeirais abertos, matogueiras, prados e terreos de tendencia aceda, á luz solar directa ou media sombra. Ascende até os 1300 m. Atópanse en España, Francia, Suíza, Austria até Turquía e a península de Crimea, tamén se atopa no noroeste de África.
Orchis provincialis foi descrita por Balb. ex Lam. & DC. e publicada en Syn. Pl. Fl. Gall.: 169 (1806)[2]
Estas orquídeas reciben o seu nome do grego όρχις "orchis", que significa testículo, pola aparencia dos tubérculos subterráneos nalgunhas especies terrestres. A palabra 'orchis' usouna por primeira vez Teofrasto (371/372 - 287/286 a. C.), no seu libro "De historia plantarum" (A historia natural das plantas). Foi discípulo de Aristóteles e está considerado como o pai da Botánica e da Ecoloxía.
provincialis: epíteto xeográfico que alude á súa localización en "Provence" (Provence), rexión de Francia onde foi recadada e descrita por primeira vez.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Orquídea marela pinta |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Orquídea marela pinta |