Os acarnienses | |
---|---|
Autor | Aristófanes |
Xénero | comedia antiga |
Data de estrea | 425 a. C. |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os acarnienses[1][2][3] (en grego, Αχαρνείς, Akharneĩs) é unha comedia grega antiga de Aristófanes, representada no arcontado de Eutino, presentada por Calístrato no ano 425 a. C. nas Leneas de Atenas. Conseguiu o primeiro premio; o segundo Cratino con Os azoutados pola treboada (traballo perdido), e o terceiro Eupolis con Os primeiros de mes.
Aristófanes escenifica a un cidadán valente, Diceópolis[4] que, ante este fracaso constante, decide pechar unha tregua privada. Informados da súa traizón, os campesiños de Acarnas asaltan a residencia do heroe, que celebra as Dionisias rurais. Acarnas é un demo da Ática, ocupado ao comezo da guerra polas tropas espartanas dirixidas polo rei Arquídamo.
Acarnas é unha terra rica, pero Aristófanes caricaturiza aos seus habitantes facéndoos carboeiros. Isto permítelle parodiar unha escena de Telefo de Eurípides. Nesta traxedia, Telefo, o mítico rei de Misia e loitador do bando troiano na guerra de Troia, é ferido pola lanza de Aquiles, que pode curar as feridas que causa. Entra así, disfrazado de mendigo, no campo grego. Desenmascarado, sálvase tomando como refén ao mozo Orestes. En Os acarnienses, é un saco de carbón que Diceópolis toma como refén.
Diceópolis tamén se opón aos sicofantas (informadores profesionais), que pretenden que as denuncias son exclusivas deles. Tamén rompe o embargo decretado por Atenas á cidade de Megara ao comezo da guerra.
A Galipedia ten un portal sobre: Grecia antiga |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Os acarnienses |