Os cabaleiros casan coas morenas | |
---|---|
Escena do tráiler. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Gentlemen Marry Brunettes |
Director | Richard Sale |
Produtor | Robert Waterfield Richard Sale |
Guión | Mary Loos Richard Sale |
Baseado en | But Gentlemen Marry Brunettes de Anita Loos |
Intérpretes | Jane Russell Jeanne Crain Rudy Vallee Alan Young |
Música | Robert Farnon |
Fotografía | Desmond Dickinson |
Montaxe | Grant K. Smith |
Estudio | Russ-Field Productions |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | Chicago, Illinois: 22 de setembro de 1955 Nova York: 29 de outubro de 1955 26 de outubro de 1992 (TVG) |
Duración | 99 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Romance, comedia e musical |
Recadación | 1,5 millóns de dólares (USA)[1] |
Na rede | |
Os cabaleiros casan coas morenas (en inglés: Gentlemen Marry Brunettes) é un filme estadounidense de 1955 dirixido por Richard Sale. Foi producido por Russ-Field Productions, e está protagonizado por Jane Russell e Jeanne Crain, sendo distribuído por United Artists. O guión foi creado por Mary Loos e Sale, e baséase na novela de 1927 But Gentlemen Marry Brunettes de Anita Loos, tía de Mary Loos.
Estreouse en galego o 26 de outubro de 1992 a través da TVG.[2]