Os cinco cubanos, xeralmente coñecidos como "os cinco" ou en inglés "Cuban Five" (Gerardo Hernández, Antonio Guerrero, Ramón Labañino, Fernando González e René González) son cinco membros do servizo de intelixencia de Cuba, arrestados no ano 1998 polo FBI en Miami, por observaren e infiltrárense nas organizacións anticastristas Alpha 66, F4 Commandos, a Cuban American National Foundation e Hermanos al Rescate[1].
Foron acusados de espionaxe e, ademais, Gerardo Hernández foi tamén acusado de conspiración para cometer asasinato. Finalmente foron condenados en 2001 a penas que varían entre os 15 anos de René González e as dúas cadeas perpetuas a Gerardo Hernández.
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |