Os derradeiros días de Nova París

Os derradeiros días de Nova París
Título orixinalThe Last Days of New Paris
Autor/aChina Miéville
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Xénero(s)Fantasía
EditorialDel Rey Books
Data de pub.2016
Primeira edición galega
TraduciónInma Pérez
EditorialBoadicea Editora
Data de pub.2024
editar datos en Wikidata ]

Os derradeiros días de Nova París (inglés: The Last Days of New Paris) é unha novela curta de fantasía do escritor británico China Miéville. Está ambientada nunha historia alternativa na que os artistas do surrealismo se uniron aos partisanos en París para loitar contra os nazis.[1]

A trama principal narra a historia de Thibaut, un cidadán parisiense nun 1950 alternativo no que a segunda guerra mundial aínda continúa. Xunto con Sam, un fotógrafo, loita contra as forzas de ocupación nazis nun territorio dominado por manifestacións da arte surrealista que cobraron vida.[2]

Capítulos alternos contan a viaxe de Jack Parsons, un enxeñeiro e ocultista estadounidense, a un grupo de artistas surrealistas, entre os que se atopa André Breton, na Marsella do 1941.[2]

Traducións

[editar | editar a fonte]
  1. "Book review: The Last Days of New Paris – a surreal masterpiece". South China Morning Post (en inglés). 2016-08-22. Consultado o 2024-03-03. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Os derradeiros días de Nova París". Boadicea. Consultado o 2024-03-03.