Os sonetos a Orfeu | |
---|---|
Portada da primeira edición. | |
Título orixinal | Le Rouge et le Noir |
Autor/a | Rainer Maria Rilke |
Orixe | Alemaña |
Lingua | Alemán |
Colección | Biblioteca Galega de Clásicos Universais |
Xénero(s) | Poesía |
Editorial | Insel-Verlag Ediciós do Castro |
Data de pub. | 1923 1980 |
Páxinas | 84 (gl) |
ISBN | ISBN 84-7492-031-0 |
Tradución | Antonio Pichel |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os sonetos a Orfeu[1] (en alemán: Die Sonette an Orpheus)[2] son un ciclo de 55 sonetos escritos en 1922 polo poeta bohemio-austríaco Rainer Maria Rilke (1875–1926). Foi publicado por vez primeira o ano seguinte. Rilke, que é "amplamente recoñecido como un dos poetas máis líricos da lingua alemá,"[3] escribiu o ciclo nun período de tres semanas experimentando o que describiu como unha "salvaxe tempestade creativa".[4] Inspirado pola nova da morte de Wera Ouckama Knoop (1900–1919), unha compañeira de xogos da filla de Rilke, Ruth, dedicoullos como unha homenaxe, ou Grab-Mal (literalmente "lápida"), na súa memoria.[5]:481
Foi traducido ó galego por Lois Tobío Fernández e publicado en 1980 por Ediciós do Castro.[1] No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Tobío Fernández dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[6]