PROCYON / Proximate Object Close flyby with Optical Navigation | |
---|---|
Tipo | Científico/tecnolóxico |
Organización | JAXA |
Data de lanzamento | 3 de decembro de 2014[1][2][3][4] |
Foguete portador | H-IIA[1][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Tanegashima[1][6] |
Obxectivo da misión | Sobrevoo dun asteroide, proba de motores iónicos.[1][6] |
NSSDC ID | 2014-076D |
Masa | 65,5 kg[1] |
Dimensións | Caixa de 67 x 55 x 55 cm.[7] |
PROCYON (acrónimo de PRoximate Object Close flYby with Optical Navigation) foi unha sonda espacial da axencia xaponesa JAXA lanzada o 3 de decembro de 2014 mediante un foguete H-IIA desde o Centro Espacial de Tanegashima.[1][6][5][7]
PROCYON foi lanzada como carga secundaria xunto á sonda Hayabusa 2 co obxectivo principal de probar unha serie de novas tecnoloxías que permitan usar pequenas sondas en misións interplanetarias e sobrevoar autonomamente o asteroide 2000 DP107. A sonda tiña forma de cubo de 67 x 55 x 55 cm e catro paneis solares de 47 x 47 cm. A propulsión corría a cargo dun motor iónico alimentado con xenón. O motor iónico fallou o 10 de marzo de 2015, impedindo o sobrevoo do asteroide.[1][6][5][7]