Project for Onboard Autonomy 1 / PROBA 1 | |
---|---|
Tipo | Científico / tecnolóxico |
Fabricante | Verhaert |
Organización | ESA |
Destino actual | En órbita terrestre, operativo.[1] |
Data de lanzamento | 22 de outubro de 2001, 4:53 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | PSLV[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Sriharikota, na India[3][6] |
Obxectivo da misión | Demostrador tecnolóxico e estudo da Terra.[3][6] |
NSSDC ID | 2001-049B |
Masa | 94 kg[3] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6961 km[1] |
Inclinación | 97,5 graos[1] |
Apoapse | 590,3 km[1] |
Periapse | 590,3 km[1] |
PROBA 1 (de Project for Onboard Autonomy 1) é un satélite artificial da Axencia Espacial Europea lanzado o 22 de outubro de 2001 mediante un foguete PSLV desde o Centro Espacial de Sriharikota, na India, nun lanzamento de órbita polar,[7] para facer probas de varios novos sistemas e para estudar a Terra.[2][3][5][6]
Foi seguido de Proba-2 (observador solar), Proba-V (seguidor da vexetación terrestre) e do par Proba-3,que creará eclipses solares artificiais en órbita para observar a coroa solar.
PROBA é principalmente un demostrador tecnolóxico con varios sistemas novedosos a bordo pero que tamén se adica a observar a Terra a través do seu instrumento principal, unha cámara espectral de alta resolución. O satélite é capaz de observar a mesma zona da Terra desde diferentes ángulos e pode gardar imaxes dunha zona de 18,6 km de lado cunha resolución de 18 metros. Os datos obtidos polos satélite son enviados á estación da ESA en Redu, Bélxica.[3][5][6]
O satélite ten forma de caixa e unha masa de 94 kg. Obtén a súa enerxía de células solares que recobren as paredes do satélite.[3][5][6]
PROBA 1 leva os seguintes instrumentos a bordo:[3][5][6]
Será dos primeiros recollidos no espazo (por ClearSpace-1, da ESA, en 2028), despois de ter unha lonxevidade de máis dun cuarto de século ou ter instaladas as primeiras baterías de ión-litio a bordo.[7]