PSR J1719-1438

PSR J1719-1438 é un pulsar situado a 4000 anos luz da Terra, na constelación de Serpens, notable pola probable existencia dun planeta feito de diamante na súa órbita.[1]

As medidas de tempo do pulsar amosan que ten un compañeiro de masa menor. Este compañeiro ten unha masa semellante a do planeta Xúpiter, pero 20 veces máis denso[2], e con só o 40% do seu diámetro. O planeta fai unha órbita ó redor do pulsar cada 130 minutos e a unha distancia de aproximadamente 600.000 quilómetros, e pode estar feito dos restos dunha estrela cuxas capas externas foron desviadas para alí pola gravidade da maior masa do pulsar. Cálculos astronómicos demostraron que este compañeiro ten unha densidade mínima de 23 gramos por centímetro cúbico e trátase probablemente dunha anana branca de baixa masa, feita fundamentalmente de carbono e osíxeno.[3]

Como este compañeiro orbital aínda invisíbel do PSR J1719-1438 ten o tamaño dun planeta e está constituído esencialmente de carbono, cunha composición aínda descoñecida de osíxeno, os científicos pensan nel coma nun enorme diamante. Nos medios científicos, vén sendo chamado o "Planeta Diamante".[4]

  1. La Voz De Galicia, ed. (25-08-2011). "Descuberto un planeta de diamante e unha estrela de neutróns" (HTML). Consultado o 27-08-2011. 
  2. Ben Hirschler (25-08-2011). Yahoo! Brasil, ed. "Astrônomos descobrem planeta feito de diamante" (en portugués). Arquivado dende o orixinal (HTML) o 17-10-2011. Consultado o 26-08-2011. 
  3. M. Bailes, S. D. Bates, V. Bhalerao, N. D. R. Bhat, M. Burgay, S. Burke-Spolaor, N. D’Amico, S. Johnston, M. J. Keith, M. Kramer, S. R. Kulkarni, L. Levin, A. G. Lyne, S. Milia, A. Possenti, L. Spitler, B. Stappers, W. van Straten (25-08-2011). Science, ed. "Transformation of a Star into a Planet in a Millisecond Pulsar Binary" (HTML) (en inglés). doi:10.1126/science.1208890. Consultado o 26-08-2011. 
  4. Tammy Plotner (25-08-2011). Universe Today, ed. "Star Transforms Into A Diamond Planet" (HTML) (en inglés). Consultado o 26-08-2011.