Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de xullo de 1974 (50 anos) Murillo de Río Leza, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 173 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 71 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1997 - 2011 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Pablo Pinillos Caro, nado en Murillo de Río Leza (A Rioxa) o 9 de xullo de 1974, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.
Pinillos compaxinou nos seus comezos os seus adestramentos co traballo de albanel, comezando a xogar na tempada 1995–96 no CD Calahorra de Terceira División e a tempada seguinte nas filas do Pontevedra CF de Segunda División B. Na tempada 1997–98 foi contratado polo Deportivo da Coruña, club co que debutou en Primeira División o 11 de xaneiro de 1998, nun partido contra o CD Tenerife que rematou con vitoria para os galegos (1–0). Con todo xogaría a meirande parte dos partidos no filial branquiazul, permanecendo no Deportivo B até 1999.
A tempada 1999–00 xogou no CD Toledo, onde estivo un ano, para recalar posteriormente no SD Compostela, no que permaneceu até 2003. No club santiagués pousou espido xunto cos seus compañeiros para unha revista, para así denunciar que levaban sete meses sen cobrar.
Na tempada 2003–04 foi contratado polo Levante UD, co que conseguiu o ascenso a Primeira esa mesma tempada. Neste club coincidiu con Manuel Preciado, grazas ao cal o adestrador o chamaría na súa segunda tempada como adestrador do Racing de Santander. Por isto, en 2005, foi contratado polo Racing, club onde hoxe é un dos capitáns.[1]
Marcou o seu primeiro en Primeira o 26 de abril de 2009, nun partido que enfrontou ao Athletic Club co Racing e que rematou con derrota (2–1).[2] O seu segundo e de momento derradeiro gol Primeira logrouno o 23 de setembro de 2010, nun partido que enfrontaba ao Racing co Sevilla FC no estadio Ramón Sánchez Pizjuán.